Si eres opositor, pincha en el siguiente enlace:

https://elblogdepatriciaisrael.com/


miércoles, 4 de enero de 2023

Recordatorio plazo de inscripción cursos de lengua gallega

 

04 de Enero de 2023

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O alumnado con necesidades educativas especiais indicará na súa solicitude a acreditación do seu grao de discapacidade. A escola poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva, no prazo máximo dun mes, contado a partir do último día establecido para a presentación da documentación, para que se determinen as adaptacións pertinentes.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).